Skip to main content
Axenda Caducada

A exposición Kinetiko chega a Alfoz

Por 10 Setembro, 2021Setembro 16th, 2021Sin comentarios

O 16 de setembro no Castelo de Castro de Ouro poderase desfrutar da exposición Kinetico de Xirapaus. Veranse personaxes que a través de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal.

Xira Paus é un proxecto de Manu Taboada (xogueteiro da Chintofanería) e Ero Vázquez (titiriteiro e artesán de Trécola) que surxiu co propósito de dar e pór en valor o universo dos autómatas.

Trátase dunha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que a partir de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal, bonecos que se moven e andan sós, un teatriño de guiñol automatizado homenaxe do tradicional títere de cachiporra, diferentes efectos especiais recurrentes no teatro. A idea desta exposición é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan.