Skip to main content
Axenda Caducada

O Valadouro volverá ter as súas Festas do Oito

Por 2 Setembro, 2021Setembro 9th, 2021Sin comentarios

O Valadouro volverá ter a súa tradicional festas de setembro, as Festas do Oito, unhas patronais que contarán con actuacións e espectáculos para os cativos.

Así, o día grande, o 8 de setembro, actuarán Os Satélites, e o 9 El Combo Dominicano. Ambas celebraranse nunha carpa situada na praza de Santa María e que contará con sillas para poder controlar os accesos, o aforo e a distancia de seguridade, xa que tan só poderán estar xuntos os convivintes.

Aínda que o programa non está pechado seguramente incluirase algún espectáculo para os pequeno e ademais o día 9, que é festivo local, haberá actos relixiosos.