Skip to main content
Axenda Caducada

Seguen as festas de Vilalba

Por 1 Setembro, 2021Setembro 5th, 2021Sin comentarios

A vila segue inmersa na súa programación, na que faltarán varios dos eventos máis tradicionais.

As festas patronais de San Ramón e Santa María seguen no día de hoxe adaptadas á situación sanitaria e cumprindo co establecido nos protocolos

As festas que deron comezo o venres 27 de agosto e finalizarán o domingo 5 de setembro contan con concertos de todos os estilos musicais: blues, pop, tradicional, rock, ritmos urbanos, clásicos ou mesmo música cubana.

Hoxe poderá desfrutarse da Banda de Gaitas Mato Vizoso e de Buxos Verdes ás 13.30 horas e pola noite do concerto de Dakidarria na praza da COnstitución ás 22.00 horas.

Mañá xoves 2 será o día infantil no que Gramola Gominola fará desfrutar aos máis pequenos ás 19.00 horas, e o venres 3 haberá un espectáculo de maxia a cargo de Mitic ás 21.30 horas.

Xa o sábado 4 haberá rúadas, música a cargo de Asubíos da Chaira e espectáculo de Fanfarria Takikardia, e pola noite verbena co Dúo Estrellas e despois o esperado concerto de Herdeiros da Crus ás 23.00 horas.

O derradeiro día volverán as ruadas e as charangas polas rúas da vila, e pola noite a festa despedirase co concerto de Sons de Camagüey.

Os concertos realizaranse na Praza da Constitución, e todos os eventos serán co público sentado, coa distancia de seguridade e o uso obrigatorio de máscara para entrar e permanecer nos recintos.