Skip to main content
Axenda Caducada

O Páramo acolle un espectáculo de teatro infantil mañá

Por 2 Setembro, 2021Setembro 3rd, 2021Sin comentarios

Chega ao Páramo o espectáculo de teatro infantil Quen ten cu, ten medo!, unha sesión de contos que gozará da intensidade e a emoción de partillar á intemperie historias traídas da tradición oral galega. Por esa acampada concentrada en 60 minutos de duración pasarán lobishomes e meigas, monstros, casas encantadas, a Santa Compaña e todas cantas lendas medran na nosa terra.

O espectáculo vén a cargo da compañía Tarabela Creactiva, e está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos. Así pois, a cita levarase a cabo o venres 3 de setembro no pavillón municipal do Concello do Páramo.

A hora na que se realizará será ás 20 horas e entra dentro do programa Cultura no Camiño.