Skip to main content
Axenda Caducada

Esta fin de semana volven as carreiras a Foz

Por 7 Setembro, 2021Setembro 11th, 2021Sin comentarios

O día 11 de setembro terá lugar a carreira Milla Urbana e carreira de relevos de Foz unha proba organizada pola Run Foz Run e o Club de Atletismo Ría de Foz.

Seguindo a liña activa do Club, a Milla Urbana contará cun novo circuíto e con moitas novidades. Esta proba está pensada para todos os públicos e idades (categorías: pícaros, benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluta).

Este ano, ademais, como novidade complementarase co Relevos Challenge que se realizara en horario de tarde, o propio día 11, e está pensado para a categoría absoluta.

As persoas interesadas deben conformar un equipo (máximo 10 persoas) onde cada relevista debe correr, en quendas de 30 minutos, nun circuíto pechado de 1.500 metros. Gañará o equipo que maior número de voltas sexa quen de completar ao longo desas 5 horas.

Cada equipo contará cun espazo propio para que os atletas convivan entre si e organicen a súa estratexia de carreira. Os tres mellores equipos levarán o seu merecido premio.

A recollida de dorsais será de 18.00 horas a 20.00 horas presencialmente o venres na zona de saída e o sábado de 9.00 a 10.30 horas. O prezo de inscripción varía dependendo da data da inscrición e será de 3 euros para pequenos, de 5 a 7 euros a absoluta e de 12 a 15 euros para os relevos.