Skip to main content
Axenda Caducada

Lugo volverá a ser a capital da exhibición canina

Por 2 Setembro, 2021Setembro 5th, 2021Sin comentarios

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá esta fin de semana a 97 Exposición Nacional Canina & 43 Exposición Internacional Canina e 98 Exposición Nacional Canina, unha proba de morfoloxía que consiste en buscar e premiar o exemplar que máis se asemella ao estándar oficial da raza, así como as súas aptitudes naturais.

Esta será a terceira ocasión na que a cidade acolle a competición e pese ás limitacións derivadas da pandemia, cómpre subliñar o enorme interese xerado, pois xa hai inscritos máis de 800 cans procedentes de toda España, Portugal, Francia e Italia.

A proba, que será puntuable para o campionato nacional e internacional, terá lugar os días 4 e 5 de setembro en horario de 09:30 a 13:30 horas, e de 15:30 a 19:00 horas. Este ano, por mor da situación sanitaria, farase a porta pechada. Os cans desfilarán nun ring da correa do seu do seu expositor (normalmente o seu propietario, aínda que pode darse o caso de ser presentados por un Handler). Un can que supere todas as probas estará en ring un máximo de 15 minutos ao longo de todo o día.

Todos os cans participantes teñen a obriga de estar identificados mediante microchip. No concurso só poderán participar cans das razas recoñecidas pola FCI, e será seguindo o previsto polo Regulamento Certámenes de Morfoloxía Canina, adxunto no que vai un listado de razas admitidas por la FCI (Federación Cinolóxica Internacional).

Medidas de seguridade fronte á Covid-19

O evento garantirá contará con estritas medidas de prevención e seguridade fronte á Covid-19. Neste senso, todos os expositores gardarán unha distancia de 1.50 metros e colocaranse en zonas de delimitadas e situadas en cada pavillón e convenientemente sinaladas no plano. Por normas do pavillón non se poderá montar carpas no interior.

No interior dos pavillóns será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, así como no exterior cando non se poida manter a distancia de seguridade con outras persoas. Así mesmo, habilitaranse puntos de xel hidroalcohólico en diferentes lugares do recinto (puntos de acceso, rings, restaurantes, baños, etc.). Ademais, nesta ocasión non será posible organizar reunións, xantares ou compartir comida no interior dos pavillóns.