Skip to main content
Axenda Caducada

Nova edición da Feira do 48 de Lugo

Por 3 Setembro, 2021Setembro 5th, 2021Sin comentarios

A asociación Cantigas e Frores organiza unha vez máis a súa tradicional Feira do 48 que será os días 4 e 5 de setembro na Canella do Hospital. Este ano terá aforo limitado e para participa haberá que escribir a cantigasefrores1948@gmail.com.

Durante esta fin de semana poderanse ver unha feira e haberá actuacións musicais e de baile tradicional galego, durante as dúas xornadas a ambientación musical correrá a cargo das diferentes formacións que forman parte do organigrama de Cantigas e Frores: Banda de Gaitas, Grupo de Baile Tradicional, Grupo de Cantareiros, Murga, Grupo de Cantareiras, Coro Galego, Cuarteto Tradicional.

HORARIOS

Sábado:

  • 11:48 Apertura da Feira e pregón a cargo de Isidoro Rodríguez
  • 12:48 Concerto da Cuarteto Tradicional de Gaitas
  • 14:00 Peche da feira
  • 17:48 Apertura da feira
  • 18:48 Actuación da Murga de Cántigas e Frores
  • 19:48 Actuación de Caamaño e Ameixeiras
  • 20:48 Actuación de Cantareiros de Cántigas e Frores

Domingo:

  • 11:48 Apertura da Feira e pasarrúas do Cuarteto Tradicional de Gaitas
  • 12:48 Concerto da Banda de Percusión e Gaitas
  • 14:00 Peche da feira
  • 17:48 Apertura da feira
  • 18:48 Actuación do grupo de baile de Cántigas e Frores
  • 19:48 Actuación de Calado
  • 20:48 Actuación do grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores