Skip to main content
Axenda Caducada

A asociación Aquilino Iglesia organiza unha excursión a Paradela e Portomarín

Por 4 Setembro, 2021Setembro 16th, 2021Sin comentarios

A asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza unha excursión a Paradela e Portomarín para o 16 de setembro.

Esta viaxe, totalmente de balde, percorrerá o mazo de Santa Comba, a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño e miradoiro e embarcadoiro do Miño, en Paradela, a vila de Portomarín e os seus monumentos así como Castro de Castromaior.

Os asistentes contarán con xantar e guía durante a xornada, que terá saída do centro médico de Muimenta ás 8.45 horas.
A inscrición pode realizarse na Mercería Teresa. Só hai 20 prazas dispoñibles debido ás restriccións actuais.