Skip to main content
Axenda Caducada

Obradoiro de robótica este sábado en Muras

Por 3 Setembro, 2021Setembro 4th, 2021Sin comentarios

Este sábado, 4 de setembro, ao aire libre na Área de A Veiga, está organizada unha divertida cita coa ciencia e a enxeñería para poñerse mans á obra. Os rapaces e adolescentes aprenderán os fundamentos da robótica fabricando o seu propio robot.

Deseñado para incentivar a creatividade e curiosidade, achega oportunidades para deseñar, construír e probar prototipos e representacións de obxectos, animais e vehículos.

A sesión, que comezará ás 17.00 horas terá unha duración de 60 minutos.