Skip to main content
Axenda Caducada

O país das Bandas volve o sábado a Lugo

Por 3 Setembro, 2021Setembro 4th, 2021Sin comentarios

O ciclo O País das Bandas volve o sábado ao Club Fluvial de Lugo cun concerto da Banda de Música de Antas de Ulla. A actuación será ás 19.30 horas.

Esta agrupación fundouse en 1896 e, tras disolverse nos anos 60, recuperouse na década dos 80. En 2004 constituíse en asociación sen ánimo de lucro co nome de Escola-Banda de Música de Antas de Ulla, co obxectivo de promover a divulgación, o coñecemento e a práctica musical, así como de garantir o mantemento da banda de música. Hoxe suma máis dun cento de socios.  

Dirixida por Javier González Borrajo, a formación componse de arredor de 45 músicos que interpretarán Música mestres, Paisaxes galegas, Oregón e Magic. Tamén soarán Grease, Arsenal, Terriña galega, Muiñeira da forxa e De donde