Skip to main content
Axenda Caducada

Xa se pode visitar en Lugo unha mostra sobre as mulleres e o xornalismo

Por 4 Setembro, 2021Setembro 29th, 2021Sin comentarios

A mostra As primeiras xornalistas, elas escribiron a historia, poderá visitarse ata o vindeiro 29 de setembro na sala de exposicións da delegación territorial da Xunta en Lugo cun horario de dez a oito da tarde, de luns a venres.

A exposición ofrece unha viaxe pola memoria de aquelas mulleres que loitaron pola igualdade de os eidos do xornalismo e da comunicación, sendo mulleres pioneiras nos medios onde traballaron nunhas épocas onde a presenza feminina detrás da pluma, a máquina de escribir ou o micrófono dun medio de comunicación era moi escasa. 

Esta mostra serve para outorgarlle a debida atención a xornalistas, escritoras, poetas e demais mulleres galegas comprometidas coa xustiza e a equidade laboral nunha viaxe a través das vidas de doce mulleres onde se da conta da biografía e experiencias de doce reporteiras, escritoras, directoras e correspondentes de guerra.

Nesta mirada feminista, comprometida coa historia ata os nosos días, o público visitante poderá coñecer a traxectoria de profesionais como a xornalista Concepción Arenal; as poetisas Filomena Dato, Clara Corral e Pura Vázquez; a correspondente de guerra Sofía Casanova; María Luz Morales, primeira muller directora dun xornal en España; a articulista e poetisa Avelina Valladares; a crítica literaria e escritora Concha Castroviejo; a escritora María Vinyals; a chamada raíña do folletín, Virginia Felicia; Mercedes Vieito, mestra e xornalista cubana nada de pais emigrantes galegos ou Emilia Pardo Bazán, xornalista e escritora, cuxos artigos súmanse á selección do resto de autoras.

Na colección amósanse, de xeito visual e didáctico, aspectos variados das súas vivencias, vidas de mulleres marcadas polo inconformismo, a rebeldía contra a discriminación, a creación vizosa e o traballo a prol da igualdade.