Skip to main content
Axenda Caducada

O BNG de Foz organiza unha charla sobre a instalación do novo parque eólico

Por 6 Setembro, 2021Setembro 9th, 2021Sin comentarios

O BNG de Foz organiza unha palestra informativa sobre a instalación do novo parque eólico con macroaeroxeradores na Mariña, o vindeiro 9 de setembro da man do experto en impacto do sector eólico, Fins Eirexas de ADEGA. 

Será ás 19.30 horas na Casa da cultura de Foz para o que será preciso anotación previa no correo: amarinha@bng.gal e no tel 982140654 dado o aforo limitado polas restriccións sanitarias.

“A finais de 2020, 106 dos 313 concellos galegos acollían parques eólicos, con máis de 4.000 aeroxeradores instalados. O actual boom eólico na Galicia vulnera catro normativas comunitarias”, din desde o BNG da Mariña.

“Unha realidade que puxemos en coñecemento da Comisión Europea para evitar máis danos e prexuízos. E non en tanto, continúan en fase de tramitación 130 proxectos de parques eólicos para encher Galicia de macroaeroxeneradores de case 200 metros de altura, mesmo ameazando explotacións agrogandeiras e núcleos de poboación”, engaden.

Atópase en trámites de alegacións a instalación dun novo parque eólico, o proxecto Borrasca, que afecta aos Concellos de Foz, Lourenzá e Mondoñedo no que respecta aos aeroxeneradores e subestacións  electricas e aos concellos do Valadouro, Cervo e Xove na evacuación da enerxía xerada.