Skip to main content
Axenda Caducada

As Casas das Linguas de Lugo abren o período de inscrición para o curso 2021-22

Por 6 Setembro, 2021Setembro 14th, 2021Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou da apertura do período de inscrición nas casas das linguas para o curso 2021-22.  O período de inscricións e estenderase ata o 14 de setembro, e as listas publicaranse durante o 15 de setembro.

As persoas que desexen anotarse a algún dos cursos ofertados (galego, portugués, inglés, francés e alemán) deberán presentar a documentación necesaria: fotocopia do DI, folla de inscrición, fotografía de tamaño carné e xustificante de pago de taxas para os maiores de 14 anos, ademais da autorización familiar e fotocopia do DI do pai, nai ou titor legal no caso das menores de idade.

Entre o 16 e o 24 abrirase o proceso de matrícula, unha vez publicadas as listaxes de admisión aos cursos. As clases darán comezo o luns 27 de setembro. Pode consultarse máis información no blog das casas das linguas municipais.