Skip to main content
Axenda Caducada

Este venres terá lugar a gala Mamá, quero cantar! de Mondoñedo

Por 9 Setembro, 2021Setembro 11th, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo e a Escola de Música están a organizar o concerto final da VII edición do certame de canto Mamá,quero cantar!. Este vindeiro venres 10 de  setembro ás 20.30 horas no auditorio Pasculal Veiga de Mondoñedo, terá lugar a gala.

Durante esta semana continúan os ensaios dos rapaces participantes nesta sétima edición e os preparativos para o concerto.
Poden reservar entradas na Oficina de Turismo de Mondoñedo, teléfono 982 507 177, xa que como ven sendo habitual o aforo será limitado, e a entrada de balde.