Skip to main content
Axenda Caducada

Celebran unha charla sobre a nova tarifa eléctrica en Guitiriz

Por 8 Setembro, 2021Setembro 9th, 2021Sin comentarios

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) ten programadas charlas para informar sobre a nova tarifa eléctrica. Estará maña, 9 de setembro, na Casa Habanera de Guitiriz.

A charla terá lugar ás 18.00 horas e ten como obxectivo resolver dúbidas e comprender a faactura da luz e como afecta a nova tarificación.

Esta campaña ten por obxecto facilitar aos consumidores a información necesaria para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa implantada polo Goberno central –val, chairo e punta–, así como resolver dúbidas relacionadas, por exemplo, coa contratación de potencia ou o novo recibo da luz.

Neste sentido, lamentouse que a previsión de abaratar o recibo doméstico nun 4,8%, quedara nun 2,5% tras o acordo do Consello de Ministros, e instou ao executivo do Estado a asumir as súas responsabilidades, atopar solucións e escoitar ás comunidades autónomas.

Dentro desta campaña informativa, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia traballa tamén en novos contidos dixitais e interactivos na súa web, onde xa se pode atopar información referida á nova tarifa, e crearase tamén un apartado de preguntas e respostas, así como consellos e boas prácticas para axustar a factura.

Todos aqueles que precisen más información, poden acudir a calquera oficina que o IGCC ten repartidas polas sete grandes cidades de Galicia, ou ben chamar ao teléfono gratuíto 900 23 11 23, operativo de 9 a 14 horas de luns a venres. Ademais, contan tamén cun correo electrónico no que trasladar as súas dúbidas ao organismo, así como un asistente de reclamacións. Pódese obter máis información e consellos prácticos tamén na web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).