Skip to main content
Axenda Caducada

O CD Castro presenta os seus equipos este sábado

Por 10 Setembro, 2021Setembro 11th, 2021Sin comentarios

Siareiros, siareiras do CD Castro están convocados este sábado, 11 de setembro, á presentación dos equipos do club para esta tempada no campo municipal Arturo Pereiro de Castro de Rei.

Esta presentación iniciarase cun partido entre o equipo sénior e o Ribadeo FC, que dará comezo ás 18:00 horas.

Unha vez finalizado o encontro terá lugar a presentación dos equipos que o club ten en cada categoría. E a organización promete que haberá sorpresas.

A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo permitido pola normativa actual.