Skip to main content
Axenda Caducada

Osa do Mar presenta o programa para a segunda quenda do festival

Por 18 Setembro, 2021Setembro 25th, 2021Sin comentarios

O Osa do Mar de Burela anunciou os horarios para os concertos que se celebrarán o venres 24 e sábado 25 de setembro.

No escenario Vibra Mahou comezarán ás 21.30 horas Veintiuno, seguido de Los Rastreadores ás 22.30 horas e de Delaporte ás 23.30 horas.

A xornada do sábado contará con sesión Bearmú ás 13.00 horas con Mour e ás 14.00 con Black Friday. E no escenario Vibra Mahou Blanco Palamera actuará ás 20.30 horas, Verto ás 21.30, Niña Polaca ás 22.30 e The Rapants ás 23.30 horas.

Dende a organización lembran  que seguen á venda as últimas entradas en https://entradium.com/es/events/festival-osa-do-mar-2021 e os bonos dos 2 días por 25 euros.