Skip to main content
Axenda Caducada

O país das bandas chegará o domingo a Mondoñedo

Por 10 Setembro, 2021Setembro 12th, 2021Sin comentarios

O ciclo O país das bandas, promovido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares chega o domingo 12 a Mondoñedo con concertos da Banda Municipal de Meira

Así, ás 13,00 horas, Mondoñedo acollerá o repertorio Pasodobre Chantada, The second Waltz, Abba Gold e Pasodobre de Mallou. Soarán tamén Nino Bravo en concerto, Mozos do Penedo, Santana Portrait, Himno Galego e Mi gran noche

O País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorrerá Galicia ata o 19 de setembro con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición  musical galega.