Skip to main content
Axenda Caducada

Programan unha ruta en bicicleta para o domingo 19

Por 10 Setembro, 2021Setembro 19th, 2021Sin comentarios

O tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou, xunto con Carolina Rodríguez, coordinadora de Decathlon en Lugo, a marcha ciclista que promove a área de Mobilidade para o vindeiro domingo 19 de setembro. A actividade está enmarcada na Semana Europea da Mobilidade e pretende “animar á veciñanza a deixar na casa o coche e apostar pola bicicleta como medio de transporte alternativo”.

A ruta sairá o 19 desde o polígono das Gándaras e percorrerá a avenida da Coruña, entrará polo Casco Histórico e voltará ás Gándaras para rematar nas instalacións de Decathlon. Poderase participar en bicicleta ou utilizando medios de transporte alternativos como patinetes eléctricos.

A Semana Europea da Mobilidade celébrase anualmente entre o 17 e o 22 de setembro, e ten como obxectivo concienciar á poboación do uso do transporte público e dos medios de transporte alternativos, reducindo a dependencia do vehículo privado. O mércores 22, celébrase o Día Europeo Sen Coches, e a área de Mobilidade fará gratuíto o bus urbano, permitindo que a veciñanza aposte polas novas liñas de transporte público da cidade.