Skip to main content
Agenda CaducadaAxenda Caducada

O Círculo Saviñao acolle o concerto de Broke Acoustic Covers

Por 10 Setembro, 2021Setembro 11th, 2021Sin comentarios

Mañá, sábado 11 de setembro, chega á terraza do Círculo Saviñao o concerto de Broke Acoustic Covers, un grupo de música que versiona cancións dos oitenta e dos noventa.

A actuación realizarase ás 19 horas e poñerá punto e final aos concertos de verán no Círculo. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes para poder gozar dunha actuación única e festeira.