Skip to main content
Agenda CaducadaAxenda Caducada

Luar na Lubre actuará mañá en Sober

Por 16 Setembro, 2021Setembro 18th, 2021Sin comentarios

O grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará este venres 17 de setembro en Sober. Así pois, a cita levarase a cabo na praza do Concello de Sober ás 22 horas e contará cun artista convidado, Dequenvessendo.

Este é un grupo de música galega nado no 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto basado nos cuartetos de música tradicional.

Para poder acudir á actuación é imprescindible reservar entrada na Oficina Municipal de Turismo ou a través do correo turismo@concellodesober.com