Skip to main content
Axenda Caducada

O mellor pádel do mundo visita Lugo por segunda vez

Por 20 Setembro, 2021Setembro 26th, 2021Sin comentarios

O mellor pádel do mundo visita Lugo por segunda vez en 2021 e faino para regresar ao grande durante os días do 22 ao 26 de setembro.

Así, o Pazo dos Deportes lucense e o centro deportivo D10 de Outeiro de Rei vestiranse de gala para poñer en xogo aos mellores xogadores do mundo na cita que pecha un mes de setembro de pádel.

O centro de Outeiro acollerá as fases pre-previas e a previa, e no Pazo será a parte da previa e o cuadro final.

No torneo participarán 94 xogadores masculinos e 56 femininos situadas no mellor do ránking mundial.

Esta pobra está incluída dentro do coñecido como o ‘mellor circuíto de pádel do mundo’ e se celegra en Galicia por quinta vez (xa se organizaron eventos World Padel Tour en Vigo, A Coruña e Lugo).

O director nacional de World Padel Tour, Luis Torres, agradeceu a colaboración e facilidades que puxo o Concello para que esta proba puidera realizarse e pola que “pasarán entre venres e domingo preto de 4200 espectadores”. Tamén se poderán ver as semifinais e finais dos torneos Open e Master de World  Padel Tour a través de GOL TV.

Entre os participantes estarán as mellores palas do ránking mundial, que veñen directamente da disputa deste pasado fin de semana da celebración do Master de Barcelona:  as parellas actualmente que ocupan o numero 1 e a numero 2 do ranking mundial, así como os finalistas masculinos e femininos deste pasado fin de semana:  Paquito Navarro e a Martin Di Nenno que venceron a Federico Chingotto e Juan Tello na categoría masculina, e Gemma Triay e Alejandra Salazar que venceron en Barcelona a Lucia Sains e Beatriz Gonzalez na categoría feminina.

World  Padel Tour 2021

O World  Padel Tour 2021 será a novena edición do circuíto profesional de pádel World  Padel Tour. Esta edición celebrarase ao longo do ano 2021 en seis países e terá tanto categoría masculina como feminina.

Algunhas das cidades que acolleron torneos en España foron Málaga, Lérida, Vigo, El Puerto de Santa María, Albacete, Córdoba, Valladolid e Barcelona.