Skip to main content
Axenda Caducada

Continúa en Xove a campaña do comercio Rodas da Sostibilidade

Por 24 Setembro, 2021Setembro 29th, 2021Sin comentarios

A Federación de Comercio de Lugo, en colaboración con Aciam Xove e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, pon en marcha na vila a campaña promocional As Rodas da Sostibilidade en varias localidades da provincia.

Así, continúa en Xove, onde todos os clientes que realicen compras entre o 21 e o 29 de setembro nos establecementos asociados, poden participar desta iniciativa. Cunha compra mínima de 10€ poderán tirar dunha das dúas rodas (unha roda para tiques por valor de entre 10€ e 49,99€ e outra para tiques por valor de 50€ ou máis).

Estas rodas instalanrase o mércores, 29 de setembro, entre as 11.00 e as 14.00 horas no centro da vila, sortéandose moitos agasallos sostibles para premiar a fidelidade dos clientes no comercio local.

A campaña Rodas da Sostibilidade, busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo. Con esta finalidade, celebrarase en 9 localidades lucenses.