Skip to main content
Axenda Caducada

Outeiro de Rei acolle hoxe unha charla sobre a tarifa elétrica

Por 22 Setembro, 2021Sin comentarios

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) celebra hoxe en Outeiro de Rei unha das charlas que ten programadas para informar sobre a nova tarifa eléctrica. A sesión terá lugar ás 19.30 horas na casa da cultura cun aforo limitado para 64 persoas.

Os interesados en asistir deberán chamar ao 982 393 281 para reservar asento.

Esta campaña ten por obxecto facilitar aos consumidores a información necesaria para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a nova tarifa implantada polo Goberno central –val, chairo e punta–, así como resolver dúbidas relacionadas, por exemplo, coa contratación de potencia ou o novo recibo da luz.

Neste sentido, lamentouse que a previsión de abaratar o recibo doméstico nun 4,8%, quedara nun 2,5% tras o acordo do Consello de Ministros, e instou ao executivo do Estado a asumir as súas responsabilidades, atopar solucións e escoitar ás comunidades autónomas.

Dentro desta campaña informativa, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia traballa tamén en novos contidos dixitais e interactivos na súa web, onde xa se pode atopar información referida á nova tarifa, e crearase tamén un apartado de preguntas e respostas, así como consellos e boas prácticas para axustar a factura.

Todos aqueles que precisen más información, poden acudir a calquera oficina que o IGCC ten repartidas polas sete grandes cidades de Galicia, ou ben chamar ao teléfono gratuíto 900 23 11 23, operativo de 9 a 14 horas de luns a venres. Ademais, contan tamén cun correo electrónico no que trasladar as súas dúbidas ao organismo, así como un asistente de reclamacións. Pódese obter máis información e consellos prácticos tamén na web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).