Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan en Becerreá un curso sobre produtos fitosanitarios

Por 23 Setembro, 2021Setembro 27th, 2021Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a semana vindeira tres cursos sobre aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios, un deles en Becerreá. Cunha duración de 27 horas de formación cada unha, estas tres iniciativas programadas tamén en Ourense e Boqueixón teñen como finalidade que os participantes poidan obter o carné de aplicador de nivel básico.

 Impartirase o luns 27 no Telecentro de Becerreá pola OAC da vila, que neste caso será en horario de mañá.

O obxectivo é que os alumnos adquiran coñecementos sobre o uso sostible dos produtos fitosanitarios así como sobre o seu manexo e aplicación de acordo coa normativa ao respecto. Así, no programa constan contidos sobre pragas e enfermidades dos cultivos e sobre os métodos de control máis axeitados, sobre os distintos produtos fitosanitarios e sobre a súa secuencia correcta de transporte, almacenamento, manipulación e aplicación. Tamén se incidirá en conceptos como a perigosidade dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas, a súa dosificación, os equipos apropiados para a súa aplicación e a normativa relacionada, ademais das estratexias e técnicas para a xestión integrada de pragas.

Canto aos participantes, a acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes. No caso de Ourense, deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico isabel.otero.pombo@xunta.gal e pode solicitarse calquera información adicional chamando ao teléfono 988386535. Canto ao curso de Sergude, o teléfono de información é o 881867331 e o correo electrónico de referencia o nietoperez@edu.xunta.gal mentres, por último, no caso de Becerreá, poden enviarse as solicitudes a marta.cela.sangil@xunta.es e facer as consultas pertinentes chamando ao 982889239.