Skip to main content
Axenda Caducada

Ribadeo acollerá o I Torneo de Rugby 7 Inclusivo

Por 23 Setembro, 2021Setembro 25th, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado 25 de setembro Ribadeo acollerá o I Torneo de Rugby 7 Inclusivo que será no Campo de Outeiro situado na Devesa.

A competición dará comezo ás 15.00 horas e os diplomas entregaranse ás 15.45 horas e xuntaranse ao redor de 80 xogadores e xogadoras de rugby inclusivo mixto.

No torneo participarán: Colexio Fundación EDES (Tapia de Casariego, Asturias), Colexio Santa María del Naranco – Alter Vía (Oviedo, Asturias), Asociación Llanerense de Rugby (Llanera, Asturias), CRAT Coruña (A Coruña, Galicia), Clube de Rugby Fendetestas (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, Galicia), Muralla Rugby Club (Lugo, Galicia), Clube BeOne Ribadeo Rugby (Ribadeo, Lugo).

“O rugby inclusivo consiste na práctica deste deporte por personas con e sen discapacidade intelectual. É altamente recomendable, tanto polo benestar físico e mental que conleva, como para mellorar a calidade de vida e a inclusión social de personas con discapacidade”, explicou Daniel Sever, presidente do Clube BeOne Ribadeo Rugby.

A Federación Española de Rugby creou en setembro de 2019 o Plan Nacional de Rugby Inclusivo, PNRI, co obxectivo de desenvolvelo a nivel nacional e ao seu máximo potencial.

Co PNRI búscase un incremento no número de xogadores e xogadoras, ademais de persoas involucradas no noso deporte. Xa sexa adestradores, árbitros, directivos ou voluntarios, o cal tamén axudará a mellorar a calidade de vida dos participantes, así como dos adestradores como educadores.

Xa en 2021, e aínda que as circunstancias sanitarias segue sendo moi complicadas, as dúas liñas estratéxicas da FER para seguir desenvolvendo o Plan Nacional de Rugby Inclusivo ( PNRI) son a formación de adestradores coa titulación de adestrador de rugby inclusivo que habilitará para dirixir equipos no circuíto nacional 2022, así como a celebración dun Campionato de España a partir dese ano.