Skip to main content
Axenda Caducada

Pakolas presentará Rockeando con Ramona Órbita en Burela

Por 25 Setembro, 2021Outubro 9th, 2021Sin comentarios

O sábado 9 de outubro chegará a Burela o espectáculo para público infantil Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo co que a partir das 18.00 horas Pakolas nos presentará no auditorio municipal o seu último librodisco editado en Sonárbore.

A entrada será de balde e o evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade.

Neste novo traballo cantarase a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas e ademáis ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, máis ecolóxico e con enerxías limpas. A través das cancións e a narración irá saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal Ramsés que lle cheiran os pés ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time. Todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantaremos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respeto e coidado á natura. Moitas personaxes poderemos atopar nos seus librodiscos, con historias das que aprender e gozar a ritmo moi rockeiro.