Skip to main content
Axenda Caducada

A ITV móbil agrícola estará nas Pontes en outubro

Por 27 Setembro, 2021Novembro 3rd, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da ITV está entre os días 29 de outubro e 3 de novembro nas Pontes para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada na rúa 8 de marzo.

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas agás os días 29 e 3, que será só en horario de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.