Skip to main content
Axenda Caducada

Chega a Vilalba O país das bandas

Por 24 Setembro, 2021Setembro 26th, 2021Sin comentarios

O concello de Vilalba acolle esta fin de semana un concerto do ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22. A actuación será a cargo da Banda de Música de Vilaboa, dirixida por Daniel Figueira, e integrada por alumnado da Escola de Música do municipio.

A sesión terá lugar o domingo 26 de setembro ás 19.00 horas no auditorio Municipal Carmen Estévez.

País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorre Galicia con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición  musical galega.

A iniciativa desenvólvese ao abeiro do acordo asinado o pasado maio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación de Bandas, mediante o que a Xunta cuadriplicou a súa colaboración con este colectivo, cunha achega de 400.000 euros.

PROGRAMA DO CONCERTO

  •  Juventus (Rolf Amstad)
  • Two Celtic Folksongs (Paul Lavender)
  • Ortigueira (Enrique García Rey)
  • Medley Boleros (arrj J. Molina)
  • Banda Galega (Felisindo Pérez Seara)
  • Non chores por min Arxentina (Andrew Lloyd Webber)
  • Desfilando (José Iglesias Ramilo)
  • The avenges (Alan Silvestri)
  • Martiñika (Indalecio Fernández Groba)
  • Smoke on the water (Deep Purple)
  • Blinding light (Weeknd)
  • Accidentalmente namorado (Michael Sweeney)
  • Viva a vida (Coldplay)
  • Escoita como vai! (Tito Puente)
  • A Rianxeira (arr. José Luis Represas Carrera)