Skip to main content
Agenda CaducadaAxenda Caducada

O concerto de Luar na Lubre en Chantada ten nova data

Por 25 Setembro, 2021Outubro 4th, 2021Sin comentarios

O grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará o vindeiro venres 3 de outubro en Chantada. A cita, que inicialmente estaba posta para o día de hoxe, tivo que ser aprazada a causa da previsión meteorolóxica. Así pois, a cita levarase a cabo na praza do Cantón de Chantada ás 20 horas.

Este é un grupo de música galega nado no 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto basado nos cuartetos de música tradicional.

Unha xornada de música e ambiente festivo no que se levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes.