Skip to main content
Axenda Caducada

A maxia abre os Xoves na Biblio das Pontes

Por 29 Setembro, 2021Setembro 30th, 2021Sin comentarios

A Biblioteca Rivera Rouco comeza as súas actividades de Xoves na Biblio co espectáculo Patatum tun tun do Mago Paco.

Esta actividade enmarcada dentro do programa Ler Conta Moito vai dirixida especialmente a nenos e nenas a partir de 2 anos.

O espectáculo é un achegamento ao mundo da maxia a través de xogos, disfraces, cancións, historias, etc.

A actuación terá lugar os xoves, 30 de setembro, ás 18.00 horas na Casa Dopeso.

A entrada será de balde previa inscrición na biblioteca municipal.