Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Caudal Fest 2021 quenta motores para este xoves

Por 13 Setembro, 2021Xuño 21st, 2023Sin comentarios

O Caudal Fest 2021, un dos maiores festivais de música de Galicia celebra este ano  a súa terceira edición en Lugo dende este xoves 16 de setembro ata o sábado 18, sendo a última gran cita do verán lucense. O festival adáptase este ano ás circunstancias sanitarias, contando con aforo limitado, coas medidas de seguridade e prevención e seguindo a normativa actual.

Celébrase así un festival adaptado, algo máis pequeno e cun formato de mesas e sillas, sen embargo, non faltarán grandes grupos do panorama musical que chegarán a Lugo para facer, deste, un festival inesquecible e único.

A celebración do evento será, como en edicións anteriores, no xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo no que existe espazo suficiente para levar a cabo as medidas sanitarias, ademais de ser ao aire libre.

O cartel deste ano conta con moita variedade musical, ademais de ser atractivo e de calidade. De feito, hai grupos que xa actuaron outros anos e que queren repetir nunha data marcada no calendario. Love Of Lesbian, presentando o seu último traballo, V.E.H.N. (Viaje épico hacia la nada); o gran Kutxi Romero de Marea; La M.O.D.A. repetindo un ano máis para traer o seu estilo; Bad Gyal sendo referencia no dancehall do panorama nacional e os instrumentais Toundra, son algúns dos grandes artistas que compoñen este ano o cartel.

Ademais, completano nomes coma Sen Senra, o artista galego con máis proxección do momento; Nathy Peluso, unha das artistas máis recoñecidas na música actual a nivel nacional; Iván Ferreiro, co seu concerto especial de longa duración da xira Cuentos y Canciones; os festeiros Ladilla Rusa e o local David Prado representando a música lucense. Un cartel de alto nivel para que Lugo desfrute dun festival de categoría.

As entradas poñeranse á venda na web www.caudalfest.es o mércores 18 de agosto ás 12 horas do mediodía. Irase informando sobre as diferentes opcións para mercar e outros detalles nos vindeiros días. En todo momento informarase de todas as medidas e estarase en contacto coas autoridades.