Skip to main content
Lugo

Esta fin de semana será o Encontro de Fanzines e Autoedición Vaia Vaia de Lugo

Por 14 Setembro, 2021Xuño 21st, 2023Sin comentarios

A segunda edición Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA celebrarase na contorna e salas do Vello Cárcere e dará comezo o sábado 18 de setembro ás 12.00 horas coa apertura dun mercadiño de fanzines e derivados no exterior así como con música de DJ Saya e un obradoiro de Talla o teu premio exlibris na sala de obradoiros.

Ás 12.30 horas será a presentación do obradoiro de Foto-Zine A Ronda no exterior das instalacións, ás 17.00 horas DJ Bold G acompañará a presentación do panorama fanzineiro canario no auditorio e despois, ás 19.00 horas no patio interior será o concerto de Lil Chachi.

Xa o domingo 19 dará comezo de novo ás 12.00 coa apertura do mercadiño e a actuación de DJ Popy García no exterior, haberá un conversatorio Queer no auditorio e un obradoiro de viñetas na sala de obradoiros.

Ás 13.30 horas será a proxección da web-serie portuguesa no auditorio e contará con música de DJ Ch3olo no exterior, e xa por último ás 19.00 horas será o concerto de Laura LaMontagne & PicoAmperio no patio interior.