Skip to main content
Axenda Caducada

A CEL organiza para a semana próxima unha xornada sobre teletraballo

Por 18 Setembro, 2021Setembro 22nd, 2021Sin comentarios

De asistencia presencial ou telemática, contará con intervencións de expertos na normativa, técnicos da ITSS e experiencias empresariais en Lugo.

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia e no marco das actuacións do Diálogo Social en Galicia, unha xornada informativa sobre teletraballo na que se abordarán, da man de expertos, dende as características e cambios que supón a extensión desta modalidade laboral, á normativa reguladora, a actuación da Inspección de Traballo nesta materia, liñas de axuda ou casos de implantación de éxito, entre outras cuestións de relevancia.

Máis concretamente, contempla no seu programa a participación da directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Elena Mancha, que falará das axudas para a implantación de sistemas de teletraballo e do impacto deste na conciliación; da inspectora de Traballo e da Seguridade Social Antía Sández, que informará sobre actuacións da ITSS vinculadas ao teletraballo; de Jaime Villaverde, director técnico de Ibersys, que se centrará en como xestionar a prevención de riscos laborais en teletraballo; de Luis Lamas, avogado e vicedirector da E.U. de Relacións Laborais de Lugo, que informará sobre a situación actual da normativa reguladora do traballo a distancia; e de Mónica González Dourado, responsable de Recursos Humanos de Abante que explicará a experiencia práctica da súa empresa.

A xornada terá lugar o próximo día 22 de setembro, mércores, en horario de 9:30 a 12:00 horas. A asistencia poderá ser presencial (na sede central da CEL en Lugo) ou telemática.

As prazas son limitadas en ambas as modalidades e cúbrense por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través da web da CEL www.cel.es. Máis información no teléfono 982 23 11 50.