Skip to main content
Axenda Caducada

Ribeira de Piquín rende mañá homenaxe ao gaiteiro Xosé Seivane

Por 18 Setembro, 2021Setembro 19th, 2021Sin comentarios

A Área Recreativa de Chao de Pousadoiro acollerá mañá domingo, a partir das 17.00 horas, un acto de homenaxe a Xosé Seivane, no seu centenario. 

O acto estará presentado por  Xurxo Xouto e dará comezo cunha ofrenda floral no seu busto, seguida dun pasarrúas ata a área recreativa. Alí, Xosé Manuel Sánchez Rei falará do seu libro, publicado por Canela co título Xosé Seivane: a gaita con maiúsculas. No acto estará acompañado por Pablo Quintana, Jaime Otero e Álvaro e Xosé Seivane.

Jaime Otero ofrecerá unha actuación coa gaita  antiga, feita na Ribeira hai uns 60 anos. Uniranse despois Susana Seivane, Daniel Bellón, Pedro Lamas e Carlos Freire nun recital en tributo á formacion Airiños da Ribeira, da que foran integrantes Seivane e o propio Otero.

Susana Seivane aproveitará a ocasión para presentar o  seu último disco, Dende o meu balcón, que recompila os temas interpretados por ela durante o confinamento, viralizados nas redes sociais, e ofrecerá un concerto xunto á Banda do Balcón, con Saínza Seivane e os nenos da familia.

Rematará a sesión cun fin de festa e actuación conxunta de dúas gaiteiras ribeiregas.