Skip to main content
Axenda Caducada

Abre o xoves na USC un debate sobre farmacéuticas

Por 21 Setembro, 2021Setembro 23rd, 2021Sin comentarios

O programa de debates Regueifas de Ciencia, unha promovida pola USC con financiamento da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) bota a andar este xoves un novo curso coa celebración dun debate, a partir das 19.30 horas, no marco do que catro relatores analizarán se as patentes farmacéuticas dificultan ou non o acceso aos medicamentos.

A sesión, que poderá seguirse en liña a través da canle de YouTube Regueiras ou ben na ligazón regueiras.org/streaming, permitirá confrontar as opinións defenidas polos catedráticos eméritos Vicente Ortún, da Universidade Pompeu Fabra, Félix Lobo, da UC3M e Funcas, coas ideas esgrimidas ao respecto polo farmacéutico e especialista en farmacia industrial e voceiro de Farmamundi, Xosé María Torres Bouza, e tamén pola directora de Saúde por Dereito, Vanesa López.