Skip to main content
Axenda LUGOXA

Comezan os concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo

Por 22 Setembro, 2021Setembro 24th, 2021Sin comentarios

Presentouse a 75 tempada da Sociedade Filarmónica de Lugo na que se presentaronos 12 primeiros concertos da tempada, que terán lugar no Círculo das Artes entre o vindeiro 25 de setembro e o 7 de maio de 2022.

A programación desta tempada retoma os últimos concertos que se tiveron que adiar na tempada 2019-20 pola crise sanitaria, e achega con novas propostas. Ábrese a tempada co concerto que ofrecerá a Orquestra Vigo 430 con Isabel Rubio na dirección e Antonio Queija ao piano este sábado 25.

A Sociedade Filarmónica de Lugo contou coas tres agrupacións máis importantes de Galiza e con agrupacións destacadas a nivel estatal. A programación completa pode consultarse na web da Sociedade Filharmónica de Lugo.

Todos os concertos do ciclo serán no Círculo das Artes de Lugo ás 20.00 horas. Debido ás limitacións de aforo, impostas polas autoridades e as normas sanitarias para a prevención da covid-19, para asistir aos concertos é necesario reservar as entradas, cunha antelación mínima de 48 horas, no teléfono 982 230 805 ou no  correo electrónico filarmonicadelugo@gmail.com.

PROGRAMA

Destaca a presenza, no ciclo de concertos, das tres grandes orquestras sinfónicas galegas: a Real Filharmonía de Galicia, con dúas datas (17 de decembro e 1 de abril), a Orquestra Sinfónica de Galicia (23 de febreiro) e a mencionada Orquestra Vigo 430 que tamén o fará en dúas ocasións (25 de setembro e 29 de xaneiro).

A conmemoración do 125 aniversario do pasamento de Johannes Brahms será outro dos fitos do 2022 que terá presenza ao longo da tempada en varias datas e principalmente nos dous concertos, coa integral dos seus cuartetos (19 de febreiro e 7 de maio), que ofrecerá o Cuarteto Quiroga, o cuarteto de corda máis internacional do noso país na actualidade.

Tamén solistas de gran prestixio internacional intervendrán na tempada, tanto con orquestras como en recitáis: o chelista alemán Nicolas Aldstaedt interpretará coa RFG o Concerto para chelo de Schumann, a extraordinaria violinista holandesa Rosanne Philippens dirixirá e actuará como solista no Concerto para violín de Brahms, o violinista francés David Grimal, o ruso Alexander Sitkovetsky e o violista ucraniano Maxim Rysanov serán outros dos solistas destacados.

O piano será o protagonista en dous recitáis. O primeiro o 10 de marzo a cargo de Alexei Petrov, o último gañador do Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo, e o 27 de abril con Judith Jáuregui, unha das pianistas máis recoñecidas dos últimos anos.

Terá tamén presencia a música de cámara en dúas datas moi especiales: o 23 de novembro o cuarteto Trifolum, grupo significado na interpretación historicista, cun concerto arredor da música do que fora algún tempo mestre de capela na Catedral lucense, o portugués Joao Pedro Almeida (1744-1817); e o 11 de decembro cun concerto extraordinario cos Cuartetos con piano de Mozart a cargo de catro excelsos solistas: a pianista Noelia Rodiles, Aitor Hevia (Cuarteto Quiroga), Lara Fernández (Cosmos Quartet) e Fernando Arias (Trío VibrArt)

Un lugar especial e sinalado terán na tempada os concertos protagonizados polo contratenor Christian Gil Borrelli, xunto á Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave (17 de decembro), e pola mezzosoprano islandesa Gudrún Ólafsdóttir acompañada polo Sonor Ensemble, unha das agrupacións españolas con maior proxección internacional e formada por músicos da Orquesta Nacional de España dirixidos polo mestre Luis Aguirre (29 de outubro).