Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

O día 28 presentarase en Lugo o conto infantil Novembro

Por 25 Setembro, 2021Sin comentarios

O vindeiro martes día 28 ás 18.00 horas presentarase no salón de actos do edificio multiusos de Lugo o conto infantil Novembro que está escrito por Marcos Iglesias e ilustrado por Lucía Barrios.

Dada a situación sanitaria teñen que facer unha listaxe de asistentes polo que pregan a confirmación por whatsapp ao 606 357 537 ou por email a ediciones@desdelugo.es e así poder controlar o aforo.

O AUTOR

Marcos Iglesias é un escritor novel que publica por primeira vez e que desenvolve en novembro unha sensibilidade e unha conexión cos máis pequenos da casa difíciles de igualar.

Baseado nun recordo da súa infancia, creou un abanico de personaxes que nos cala a todos pola súa profundidade e a súa beleza.

A ILUSTRADORA

Lucía Barrios tamén publica por primeira vez, pero a súa profesionalidade vén avalada non só pola súa longa experiencia no mundo do deseño gráfico senón polo magnífico resultado de Novembro.

Unha estética sinxela dada o temática pero detallada no seu contido deu a este conto o colorido e o apoio gráfico que necesitaba.