Skip to main content
Axenda CaducadaAxenda LUGOXADeportes LUGOXALugo

400 deportistas participan hoxe no XX Gran Premio Ciclista San Froilán

Por 25 Setembro, 2021Sin comentarios

400 deportistas de 35 clubes de toda Galicia daranse cita no Gran Premio Ciclista San Froilán o cal terá lugar a partir das 17:00 horas deste sábado, 25 de setembro, na avenida de Ramón Ferreiro.

O pistoletazo de saída terá lugar ás 16.30 horas, onde alevíns Masculino e Feminino darán cinco voltas ao circuíto (8 km). Ás 17.00 horas dará comezo a segunda Manga e competirán os infantís masculino e feminino, que darán 10 voltas ao circuíto percorrendo 16 km en total. Seguidamente, ás 17.45 horas competirán os cadetes masculino e feminino que realizarán 15 voltas cunha distancia de 24 km e xa para finalizar, ás 18.15 horas competiran os junior e Sub21 que percorreran 40 km ou o que é o mesmo, darán 25 voltas ao circuíto.

TRÁFICO

Os cortes de tráfico con motivo da celebración da proba deportiva, no polígono de Sanfiz SUR-K, no horario de 15:30 horas a 20:00 horas serán:

– Veterinario Rof Codina desde o cruce con Rúa das Artes en dirección San Fiz

– Montirón desde o cruce con Rúa das Artes en dirección San Fiz

– Paseo dos Estudiantes desde o cruce con Rúa das Artes en dirección San Fiz.

– Salvador Velayos e rúa San Fiz

– Fonte da Bica na súa totalidade.

Como accesos alternativos ao barrio de San Fiz, para o tráfico rodado no citado horario teremos  dúas posibilidades:

– Pola rúa Virxe da Esperanza, pista cara o río Rato e desvío a San Fiz.

– Pola avda. de Madrid, na rotonda Víctimas de Terrorismo desvío pola  pista Camiño do Barreiro