Skip to main content
Lugo

Os xardíns do Pazo de Feiras de Lugo acollerán un festival de orquestras

Por 29 Setembro, 2021Xuño 21st, 2023Sin comentarios

Este sábado os xardíns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerán un festival no que actuarán as orquestras Costa Dorada, Arizona, Suavecito, Salsarena, Alma Latina, Lume, Tapyoka e Limón.

O espectáculo comezará ás 17.00 horas e terá unha capacidade máxima para 1000 persoas, que estarán de pé e con división en sectores para garantir a distancia e o resto de medidas de seguridade. Cada unha das orquestras participantes ofrecerá cadanseu concerto duns 45 minutos de duración e todas as actuacións serán no mesmo emprazamento, ao aire libre.

A entrada será gratuíta, previa reserva na web www.woutick.es. No caso de non esgotarse por esta canle, as localidades dispoñibles poderán ser retiradas no propio acceso ao recinto. Arias destacou o éxito dos festivais que xa acolleron no marco desta mesma iniciativa outras localidades galegas, nas que se esgotaron os tíckets en pouco tempo.