Skip to main content
Uncategorized @gl

O descenso das altas ralentiza a caída do virus e súmanse dous novos falecidos

Por 28 Setembro, 2021Setembro 29th, 2021Sin comentarios

A caída da covid segue en descenso con moi poucos casos novos e tamén cun descenso das altas polo que que os casos activos seguen á baixa pero xa lentamente tendo que sumar dous falecementos máis.

Así hoxe hai 217 casos activos, 9 menos que onte, cun rexistro de 4 novos positivos e 9 altas. Onte o descenso foi de 15 enfermos con 8 novos contaxios e 23 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 19.893 casos rexistrados e 251 persoas falecidas, 34 nesta quinta vaga. Son dous máis que o día anterior, dous homes de 73 e 77 anos ingresados no hospital de Monforte procedentes da residencia DomusVi.

A presión hospitalaria mantense con 9 persoas ingresadas en tres hospitais. A UCI do Hula segue con 2 pacientes en total, e nas diferentes plantas son 7 os enfermos; 2 están no de Lugo (1 menos), 1 na Mariña e 4 en Monforte (1 máis).

MAPA DE RESTRICIÓNS

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis do seguinte xeito:

    • En alerta máxima: Ningún.
    • En alerta alta: Ningún.
    • No nivel medio: Foz.
    • No nivel baixo: o resto de concellos.

POR COMARCAS

Xa quedan só 15 concellos con algún caso de covid, mentres en Foz o gromo segue aumentando lentamente.

A Mariña

  • A Pontenova leva quince días sen contaxios.
  • Alfoz cumpre unha semana sen casos.
  • Barreiros, unha semana sen contaxios.
  • Burela, por debaixo de 10.
  • Cervo, por debaixo de 10.
  • Foz mantén os 66 contaxios.
  • Lourenzá, por debaixo de 10.
  • Mondoñedo, unha semana sen casos.
  • O Valadouro, por debaixo de 10.
  • O Vicedo sen casos en quince días.
  • Ourol, sen casos durante quince días.
  • Ribadeo, por debaixo de 10 casos.
  • Riotorto, sen casos en quince días.
  • Trabada sen casos en quince días.
  • Viveiro suma unha semana limpo.
  • Xove, unha semana sen casos.

Terra Chá

  • A Pastoriza leva quince días sen contaxios novos.
  • Abadín está sen casos dende hai dúas semanas.
  • As Pontes, quince días sen casos novos.
  • Begonte, quince días sen contaxios.
  • Castro de Rei xa leva unha semana limpo.
  • Cospeito cumpre unha semana sen casos.
  • Friol leva quince días sen contaxios.
  • Guitiriz, sen casos en quince días.
  • Meira sen casos tamén en quince días.
  • Muras, sen positivos dende hai máis de quince días.
  • Outeiro de Rei, sen contaxios tamén en quince días.
  • Pol leva tamén unha semana sen casos.
  • Rábade, quince días sen contaxios.
  • Vilalba, xa son quince días sen casos.
  • Xermade, leva quince días sen contaxios.

Comarca de Sarria

  • Láncara, quince días sen contaxios.
  • O Incio por debaixo de 10 casos.
  • O Páramo, unha semana sen casos.
  • Paradela, quince días sen casos.
  • Samos leva quince días sen contaxios.
  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Triacastela cumpre xa unha semana sen casos.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada, está por debaixo de 10 casos.
  • Antas de Ulla, menos de 10.
  • As Nogais, sen casos nos últimos quince días.
  • Baralla xa son quince días sen casos.
  • Baleira leva sen casos quince días.
  • Becerreá cumpre dúas semanas sen contaxios.
  • Castroverde, unha semana limpo de covid.
  • Cervantes xa leva quince días sen casos.
  • Guntín, son xa quince días sen contaxios.
  • Lugo está por debaixo dos 10 casos.
  • Monterroso, cumpre unha semana sen contaxios.
  • Navia de Suarna, sen casos novos en quince días.
  • Negueira de Muñiz, sen casos en quince días.
  • O Corgo leva quince días sen casos.
  • Palas de Rei xa leva dúas semana sen contaxios.
  • Pedrafita leva quince días sen casos.
  • Portomarín, unha semana limpo xa.
  • Ribeira de Piquín leva xa quince días sen casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra de Brollón suma unha semana sen casos.
  • Bóveda leva xa quince días sen casos.
  • Carballedo xa son quince días limpo.
  • Chantada volve ter algún caso tras unha semana limpo.
  • Folgoso do Courel, quince días sen contaxios.
  • Monforte seguen os contaxios en 40.
  • O Saviñao suma quince días limpo.
  • Pantón suma tamén unha semana limpo.
  • Quiroga, por debaixo de 10.
  • Ribas de Sil xa son quince días sen casos.
  • Sober, por debaixo de 10.
  • Taboada, tamén sen casos na última semana.

AS RESTRICIÓNS

O plan de hostalería segura entrou en vigor. O DOG recolle o novo protocolo que indica que as barras poden usarse de forma individual ou cun máximo de dúas persoas por grupo sempre que sexan conviventes.

As barras dos bares abrirán nos establecementos situados no tipo 2 do novo modelo, que non depende da incidencia de casos covid do municipio, senón que ten que ver coas esixencias que se cumpran por parte dos locais.

Os locais de tipo uno terán as seguintes condicións e requisitos: interior ao 50%, exterior ao 75% de aforo; distancia de 1,5 metros entre mesas, exposición pública de aforos, medidor de CO2 con notificacións como máximo cada 4 horas; máscaras cirúrxicas para o persoal; e dúas horas de formación de protocolos covid para o persoal.

Pola súa banda, os locais do tipo dous, con maiores esixencias, deberán contar cun medidor de CO2 que faga anotacións constantes. Tamén deberán dispoñer de máscaras FFP2 para o persoal que o requira, deberán facerse probas diagnósticas cada sete ou oito días e haberá un rexistro de clientes nos restaurantes.

A estes, súmase un terceiro nivel, de seguridade, que só será de aplicación cando así o decidan as autoridades sanitarias en situacións extraordinarias pola gravidade da situación epidemiolóxica e a ocupación asistencial.

Especialmente, segundo recolle o DOG bis, incídese nas condicións de adecuada ventilación que velen pola calidade do aire interior, así como o establecemento dun plan de control e inspección autonómico, en colaboración coas entidades locais.

Entre outras cuestións, incide tamén en que deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre mesas ou, de ser o caso, agrupación de mesas, coas limitacións xa impostas ao número de persoas.

NOVAS AMPLIACIÓNS

Sanidade avanzou que a hostalaría verá ampliada a capacidade de atender en cada unha das súas mesas, de maneira que se poderán xuntar grupos de ata oito persoas en interiores e de 15 en exteriores, fronte ás seis e dez actuais.

Tamén eliminan a limitación de circulación nocurna ás 3 a madrugada.