Skip to main content
Lugo

O Caudal Fest arranca en Lugo

Por 17 Setembro, 2021Setembro 18th, 2021Sin comentarios

Na tarde de onte deu inicio o Caudal Fest 2021, un dos maiores festivais de música de Galicia que celebra este ano a súa terceira edición en Lugo ata o sábado 18, sendo a última gran cita do verán lucense que conta co patrocinio do Concello de Lugo. O festival adáptase este ano ás circunstancias sanitarias, contando con aforo limitado, coas medidas de seguridade e prevención e seguindo a normativa actual.

A celebración do evento estase a levar a cabo , como en edicións anteriores, no xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo no que existe espazo suficiente para levar a cabo as medidas sanitarias, ademais de ser ao aire libre. Como novidade, este ano o festival conta con sillas para que o público permaneza sentado.

O cartel deste ano conta con moita variedade musical, ademais de ser atractivo e de calidade. De feito, hai grupos que xa actuaron outros anos e que queren repetir nunha data marcada no calendario.

Onte estrearon Caudal Festa David Prado, Iván Ferreiro e Love Of Lesbian pero non todo queda aquí. Esta mesma tarde continuará a música  a partir das 18.10 horas (con entrada ás 17.00) para ver a Toundra, Shinova, Sen Senra e La M.O.D.A.

A claura do sábado, co mesmo horario será para Kutxi Romero, Ladilla Rusa, Bad Gyal e Nathy Pelusox.

As entradas están á venda na web www.caudalfest e se non se agotan poden mercarse tamén na taquilla.

A normativa do Caudal Festa establece as seguintes medidas:

  • Asígnase sitio por orde de chegada dentro de cada zona, e pode chegarse máis tarde da apertura de portas. Unha persoa acomoda ao chegar. Se alguén do grupo chega máis tarde, hai que notificalo á persona acomodadora para gardarlle o sitio. Os grupos serán dun máximo de 6 persoas.
  • Unha vez dentro teñen asignado un sitio que manterán ao longo do día. Poden levantarse para acudir aos servizos, ás barras, aos foodtrucks ou á zona de fumadores. Non se pode volver a entrar no recinto unha vez se sae.
  • Hai foodtrucks no recinto con diversas opcións, pero pode levarse comida de fóra se teñen diferentes dietas/alerxias.
  • Hai servizo de barras e pode ir á barra a pedir, ou empregar a aplicación Gopick para que che teñan preparada a bebida e só teñas que recoller, sen colas. Pódese pagar con efectivo, tarxeta ou na app e consumir no asento.
  • Hai unha zona de fumadores, xa que non se pode fumar no asento.
  • Non hai posto de merchandising.
  • Uso da máscara é obrigatorio menos á hora de consumir. Manterase a distancia entre cadeiras e mesas, e non se pode estar de pe agás para acceder ás diferentes zonas do recinto (accesos, baños, barras, etc.). Hai tamén diferentes puntos con xel hidro-alcohólico para desinfección.