Skip to main content
Comarca LUGOXA

Volta ás aulas: as opinións dos centros

Por 9 Setembro, 2021Sin comentarios

Nos centros educativos a situación segue a preocupar porque os centros aínda non teñen claro como haberá que desevolver o curso que da comezo. As normas da Xunta, igual que o ano pasado non son moi claras e moitos centros están pendentes aínda de desenvolver unha normativa que se corresponda co centro.

COLEXIO GALÉN

“Con ilusión”, así ven dende o Colexio Galén oinicio do curso escolar “por unha parte por recibir ao noso alumnado, e sen a incertidumbre do pasado curso, por outra parte con certa preocupación por asumir a volta ao cole con índices de contaxio alto nunha poboación, maioritariamente sen vacina”.

O centro afirma que continuará coas mesmas medidas do ano anterior, reducindo levemente, como marcan os protocolos, a distancia de seguridade dentro das aulas.” Ademáis continuaremos a traballar na interiorización do noso protocolo covid para normalizar a situación no centro, intentando constantemente que altere o menos posible as relacións e convivencia entre o noso alumnado”.

Como subliñan no centro, “contamos con amplas instalacións e un entorno natural privilexiado que nos permite facer actividades no exterior polo que non consideran necesario tomar outras medidas.

“A nosa ratio sempre foi baixa, dado que os noso grupos son reducidos, ademáis este ano introducimos novas metodolóxicas como a codocencia ou docencia compartida”, engaden, polo que aseguran que non fará falta reforzar o profesorado.

“A baixa ratio nos permite cubrir co persoal as necesidades de atención ao noso alumnado”, din.

Volverán tamén a este centro as actividades extraescolares, intentando manter os grupos estables dentro delas, e nas deportivas nunca mesturando categorías distintas. “Por exemplo este ano retomamos as actividades do English School, que permite ao noso alumnado prepararse para as probas de Cambridge: Ket, Pet, First, Advanced….”, avanza.

CEIP LUIS PIMENTEL

Dende o Luis Pimentel consideran que o curso “comezou demasiado cedo e en canto a organización está sendo complicado. Tendo en conta que ata o 31 todo o mundo está de vacacións legais, só temos 8 días para preparar todo porque o 9 xa empezamos. É dicir, son 8 días para organizar o colexio enteiro para que o alumnado volva ás aulas”.

No tocante ás medidas, están “bastante de acordo con elas”, aínda que “deberan baixar a ratio pero xa en curso normal e non pola covid”.

Tamén cren que “os centros teñen que adaptar ao protocolo as circunstancias do centro e, iso, neste colexio xa está feito. Contamos cun profesor por 25 alumnos que é o que marca a lei”.

Ademais consideran que sería preciso reforzar o profesorado pois “mencionouse de que ía haber máis docentes é para os centros que se acollen aos plans que ofertan profesorado. Sen embargo, non se ofertaron docentes a maiores”. 

No tema das actividades extraescolares polo momento “non saben se as haberá, porque aínda se teñen que reunir os directores, hai que respectar o protocolo, a covid, etc. Ese tema aínda se está a estudar”.