Skip to main content
Comarca LUGOXA

Entrados os diplomas aos participantes no obradoiro Vía Küning II

Por 23 Setembro, 2021Sin comentarios

Onte foi clausurado o obradoiro de emprego dual Vía Künig II nun acto no que tamén participaron os alcaldes de Baralla, Miguel González; Becerreá, Manuel Martínez, e As Nogais, Jesús Manuel Núñez.

Os 20 alumnos traballadores que recibiron os seus diplomas formáronse na especialidade de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización. Adquiriron coñecementos teóricos e experiencia laboral mediante un contrato de traballo, realizando obras nos concellos promotores.

Así, rehabilitaron o muro da rúa da Igrexa en Baralla; acondicionaron o Camiño Real entre O Couso e Pedrafita ao seu paso por As Nogais, e realizaron traballos de rehabilitación nas escola de Cruzul e O Cereixal en Becerreá.

A partir do mes de outubro darase continuidade á iniciativa cun novo obradoiro promovido tamén polos tres concellos citados e financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Os obradoiros de emprego figuran entre as propostas mellor valoradas polos concellos e polas persoas participantes, por canto redirixen a súa traxectoria laboral cara a profesións con boas perspectivas de empregabilidade. Ao rematar, reciben un certificado de profesionalidade que os acredita para traballar no sector elixido. Ademais, o seu labor transforma espazos públicos e mellora as dotacións dos municipios que os acollen.