Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Segundo o PP de Lugo O Palomar podería perder a homologación da Federación

Por 24 Setembro, 2021Setembro 25th, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, advirte ao goberno local que a pista de baloncesto do pavillón do Palomar podería perder a homologación por parte da Federación Galega de Baloncesto ao non cumprir cos estándares mínimos marcados polo ente federativo.

Óscar Poy sinala coma unha das eivas detectadas a distancia entre as liñas de fondo da pista e o muro do pavillón. A normativa da federación establece que “calquera obstáculo deberá estar polo menos a 1,25 metros do terreo de xogo na perpendicular das liñas de fondo e polo menos a 1 metro das liñas laterais”. Unha norma que contempla unha excepción, xa que “admitiranse obstáculos puntuais na liña de fondo e nos laterais ata 0,5 metros sempre que se atopen debidamente almofadados para previr posibles lesións de contacto”, pero que tampouco se cumpre.

“A realidade é que tralo arranxo das pistas do Palomar, entre as liñas de fondo e a parede do pavillón hai 41 centímetros de separación, polo que de inicio xa non se cumpre a normativa, ao que se engade que ningún dos obstáculos conta con elementos de protección”, di Poy,“haberá que agardar pola resolución da Federación Galega de Baloncesto pero está claro que a distancia non é suficiente, polo que moito nos tememos que non se concederá a homologación xa que é patente que hai un problema grave de seguridade para os rapaces e rapazas que realizan alí os seus adestramentos porque calquera tropezón pode desembocar en que os xogadores choquen violentamente contra o muro”.

Unha situación ante a que o concelleiro popular apunta directamente á obcecación de Mauricio Repetto por seguir adiante coas obras a pesar de que recibiu diferentes advertencias para que corrixira esa situación.

Así, Óscar Poy reclama que a concellería de deportes realice un repintado da pista e a modificación da instalación das canastras para adaptarse ás medidas da homologación, sen esquecer que non estaría de máis acolchar debidamente calquera elemento susceptible de ser perigoso.