Skip to main content
Antas de Ulla

O CEIP de Antas de Ulla mellorará a súa eficiencia enerxética

Por 21 Setembro, 2021Sin comentarios

O CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla verase mellorado para este vindeiro curso tralas obras de mellora da eficiencia enerxética que se acometerán.

Así, comunicouno o Concello trala notificación por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as obras consistirán na mellora básica de eficiencia enerxética do centro e darán comezo a segunda quincena do mes de novembro.

En concreto, a actuación suporá un investimento total de 254.957,02 euros, que se vai destinar a actuacións previas, albanelería, fachadas e illamentos, carpintería exterior e interior, revestimentos e falsos teitos, instalación de iluminación, pintura e decoración, cuberta e pluviais, seguridade e saúde e xestión de residuos.

O Goberno local valora estas obras que suporán un importante avance en aforro e eficiencia enerxética para o CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla.