Skip to main content
Baralla

Airiños do Neira de Baralla prepara o novo curso de baile e música tradicional

Por 23 Setembro, 2021Sin comentarios

A asociación cultural Airiños do Neira de Baralla prepara o novo curso 2021-2022 no que volve a engadir clases de baile e música tradicional.

Haberá baile, gaita e percusión para nenos e adultos, e cursos de guitarra, solfeo e cantos de taberna para todas as idades. Tamén contarán con Música activa para nenos de 2 a 5 anos.

Para anotarse haberá que facelo antes do 24 de setembro no centro sociocultural de Baralla e para máis información e dúbidas compre preguntar a Rebeca no 616 254 031, Guille, 626 290 324, e Ana, 619 953 879.