Skip to main content
Becerreá

Becerreá conta cunha nova proposta de conciliación

Por 12 Setembro, 2021Sin comentarios

Becerreá conta cunha nova proposta de conciliación para que as familias no rural teñen as mesmas oportunidades de conciliar.

Así, contarán cun programa de actividades extraescolares con ábaco, reforzo lector, baile moderno, cociña e patinaxe para reforzar a oferta de lecer infantil na comarca.

Ademais, contan coa apertura a diario da ludoteca, con inscrición en grupos pequenos e con un programa á medida para todos nenos anotados. Tamén ofrecen servizo de recollida do cole e do bus escolar, merenda e xogos.

O prazo de matrícula está aberto e pecharase a próxima semana para poder comezar canto antes. Para calquer consulta e as inscricións haberá que chamar ao teléfono 625 622 712.