Skip to main content
Castroverde

O PP de Castroverde reclama un plan de mellora de pistas e camiños

Por 9 Setembro, 2021Sin comentarios

O PP reclama ao goberno de Castroverde o deseño e execución dun plan de mellora das pistas e camiños municipais. Segundo explican “a calidade das vías de comunicación é fundamental para permitir o desenvolvemento económico dos pobos. Os concellos teñen a súa propia rede de vías, asfaltadas ou non. No municipio de Castroverde moitas das pistas e camiños que dependen do Concello requiren melloras”, segundo sinala o portavoz popular, Rubén Otero. 

Demandan tamén do goberno local a elaboración e execución dun plan de acondicionamento destas vías.

O portavoz popular, Rubén Otero, di que son continuas as queixas dos veciños polo deficiente estado das pistas municipais. “É necesario mellorar os firmes, porque moitas delas están cheas de fochancas, que fan moi difícil circular por elas nalgúns puntos, e, dende logo, moi incómodo”.

O portavoz popular considera que en moitos casos “é necesario adaptar estas vías municipais ás características actuais da maquinaria agrícola e dos vehículos de transporte de mercancías”. Explica que só desta maneira a duración dos firmes será máis larga e mellorará a seguridade dos usuarios.

Otero indica que un aspecto que é necesario mellorar nas vías que dependen do Concello é a sinalización, tanto vertical como horizontal.