Skip to main content
Castroverde

Castroverde entrega as súas distincións honoríficas

Por 12 Setembro, 2021Setembro 13th, 2021Sin comentarios

O Concello de Castroverde celebrou onte o acto de nomeamento de Fillo Adoptivo, Fillo Predilecto e cronista oficial deste Concello, un acto que foi aprazado en varias ocasión con motivo da crise sanitaria e da axenda dos asistentes.

Amenizado polo grupo musical Zucurrundullo o alcalde da localidade, Xosé María Arias, entregou a distinción de Fillo Adoptivo de Castroverde a ManuelVvarela Gorgoso, párroco de Vilabade e outras parroquias, ademais de presidente da Asociación Cultural Espalladoira persoa consagrada á promoción de numerosas actividades culturais e labores sociais en diferentes ámbitos da vida do Concello, e na conservación e promoción do santuario da Nosa Señora de Vilabade (BIC) e do seu conxunto  monumental.

O título de Fillo Predilecto foi para o escultor Paco Pestana, artista plástico e poeta de acreditado prestixio internacional, embaixador de Castroverde nos máis diversos foros artísticos e culturais, prestixiando así a a imaxe e as raíces fundamentais da súa ampla e meritoria obra evocadora das súas vivencias rurais mediante as máis innovadoras técnicas e enfoques.

Tamén distinguiron co nomeamento honorífico de Cronista oficial de Castroverde a Ricardo Polín, doutor en Filoloxía e historiador, ademais de autor de relevantes estudos e investigacións centradas na recuperación e posta ao día do pasado común e proxección pública, contribuíndo co seu labor intelectual e compromiso cultural a potenciar o imaxinario colectivo e que Castroverde se integrase no Patrimonio Mundial con que a Unesco recoñece ao Camiño Primitivo.

No acto estiveron presentes a corporación municipal e os integrantes da asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, que sempre manifestaron o seu interese en celebrar estes recoñecementos. Tamén contou entre o público cunhas 70 persoas.